Carta a un periodista

2019 07 31 Carta a un periodista Donald Woods editor Daily Dispatch Cry Freedom

Donald Woods, editor Daily Dispatch (homenajeado en Cry Freedom)

<<Esto vai de dereitos humanos, e non respectar esta apreciación é un problema para toda a sociedade, máis agora con líderes anti-dereitos humanos xurdindo onde era impensable.>>


31-07-2019
(1ª parte)

Estimado P.,



Seguindo a breve conversa que tivemos e co obxecto de ir avanzando algo, direi que a proposta de lei que che envío é o máis necesario, razoable e respectable proxecto sobre asistencia persoal para a vida independente, e que se axeita a Galicia e a quen aquí viven. Pódese entender na la liña de mellorar o que agora hai dispoñible, que é insuficiente e moi desigual, diferenciando un instrumento que vai máis alá do marco da dependencia e significa un avance en dereitos fundamentais e sociais, cumprindo co disposto polo artigo 19 da Convención dos dereitos das persoas con diversidade funcional (ou discapacidade): vivir de forma independente e incluído na comunidade, pero de verdade.
É unha proposición de lei para servirnos a nós, a quen a imos a activar, e a todas as persoas que a necesitan, ideada para cumprir as nosas expectativas, as que gracias á máquina de impedir da burocracia asistencialista ten construído ao seu gusto e medida, empregando como elemento tensionador, como fonte de enerxía, o artigo 49 da Constitución, dende onde se veñen fabricando as políticas sociais da discapacidade que nunca chegan a ser de todo capaces de empoderar para acadar dereitos fundamentais que amparan a liberdade e a elección da forma de vivir.
Queremos evitar a discriminación dun grupo de persoas suxeitas a unha circunstancia fora do propio control: si non podes erguerte de cama ou rascar o nariz ou limparte o suor, estás en mans alleas. E queremos dispor da capacidade de elixir quen, cando, como e onde o vai facer o que corresponda nos nosos corpos. E queremos facelo agora, así cunha lei feita por nós, logo de 15 anos de tratar de introducir as melloras que precisamos, que noutros lares gozan desde hai 30 anos.
Sin esta lei estamos moi lonxe de dereitos fundamentais que nos recoñece a Constitución, como a elixir libremente a residencia e a circular polo territorio nacional.
O artículo 49 da Constitución, como outros que dispoñen dereitos sociales do 78, nace impotente e a disposición do que o lexislador disporá no futuro. E así se foron facendo dereitos e recursos. O resultado podería ser mellor, si doutra forma houbera vontade de desenvolvelo mirando cara a modelos inclusivos, como se fixo en países veciños.

Pero aquí, desde o 78 e despois, lexislaron prevalecendo ese sentido de iniquidade e suxeición que arrastramos desde a visión do auxilio social, caritativa, vertical, sin aceptación da condición de cidadanía. Xa vimos o lexislado, vemos a deturpación da asistencia personal desde a implantación da chamada Lei de dependencia, e solo nos queda evitar as miserias vindeiras facendo a lei que precisamos completamente adaptada ao mandato da Convención e do precisado polo Comité da ONU. Os asuntos relativos á discapacidade aínda son tratados desde a inercia dunha visión nacida no franquismo, con recursos máis sofisticados e mellor dotados, pero movidos sobre as vías das mesmas presuncións e valores de asistencia caritativa e graciable a desvalidos. Non vimos mostra ou intención de saír do asistencialismo porque, fora de aí, as persoas que desenvolven e manteñen o ecosistema asistencialista non se ven cómodas, e así, mentres se consumen importantes orzamentos en dispositivos segregadores, nós garabateamos biografías cheas de perdas de opcións de vida e privación de liberdades.
Esto vai de dereitos humanos, e non respectar esta apreciación é un problema para toda a sociedade, máis agora con líderes anti-dereitos humanos xurdindo onde era impensable.
Xa vai moito tempo e enerxía desperdiciados para lograr en Galicia algo que nos dignifique na altura dos tempos: un proxecto piloto disminuído e dúas PNL aprobadas por unanimidade do Parlamento de Galicia e incumpridas, ducias e ducias de reunións, e todo elo dentro do marco, do terreo de xogo da dependencia. Por eso temos a necesidade, e buscamos, a fuga desa heredade onde rexen valores, regulamentos e intereses que se opoñen ás nosas vidas e oprimen a quen aspira a vivir independente. E por eso agora decidimos cambiar de marco, imos a levar as cousas ao espazo correcto, ao campo dos dereitos humanos que define a Convención, e pola vía dos dereitos fundamentais imos construír un novo dereito social que o faga posible.
Esta proposta pretende servir a quen queira saltar a alambrada e marchar, desde o campo da dependencia, onde se castran os sonos e aspiracións, ás terras dos dereitos fundamentais onde, polo menos formalmente, podemos ser como calquera outra persoa que quere dispoñer da súa liberdade. E así orixina os recursos precisos que van multiplicar as oportunidades reais para a ansiada liberdade aos máis invisibles das nosas comunidades.
É moi importante saber que esta lei ampárase na Convención e na súa interpretación xenuína feita polo Comité da ONU dos dereitos das persoas con discapacidade na Observación número 5, e apelamos aos dereitos fundamentais porque a proposta sirve para facer posibles os dereitos que no papel temos garantidos e na vida real imposibilitados, inalcanzables materialmente, e faino construíndo un novo dereito social a base de lexislar medios e instrumentos para o porvir: significa un cambio de escenario material curativo para quen agora apenas reciben consolo. Non somos egoístas, facémolo por amor propio, e con amor ao próximo e amor ao mundo. Non obriga a ninguén a vivir cos riscos da liberdade. A nosa proposta é unha ferramenta que sirve para construír pontes de liberación á medida de cada quen, para nós e para os que así o queiran.
É unha lei para apropiarnos das nosas vidas, esto é, autoxestionar as propias interdependencias e ter poder sobre a propia intimidade e o tempo propio… sobre a propia existencia. Acabar con semellante inxustiza non parece moito pedir a un estado rico, a unha comunidade que é capaz de facer a Cidade da Cultura ou un porto na Punta Langosteira, por exemplo, e que ten que cumprir coa obriga de facelo porque foi comprometida ao asinar a Convención, unha norma superior ás leis, decretos e ordes dos gobernos.
Está feita desde a necesidade, a indignación, a experiencia e o compromiso coa Convención e coa Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia. A forma de traela ante o Parlamento e a Xunta de Galicia, o atrevemento dos suxeitos do dereito, é o feito innovador relevante. E creo que cumpre as expectativas de calquera persoa que teña a vida dependendo das mans de outros, as esperanzas de fai 15 anos e as de quen a precise dentro doutros 15.
Por favor, quixera que mires este asunto como a vacuna que vai a curar a dependencia, que fará posible unhas cotas de liberdade longamente reclamadas e sempre aprazadas. Non podemos imaxinar que teñamos unha vacuna á man e non sexa posible chegala a quen a precisa. Non nos gustaría ver á administración galega actuando como lamentables antivacunas. Así é.
P., terás toda a colaboración que podamos darche para mostrar este camiño ao público. Esa visibilidade é algo importante e agradecemos infinitamente a túa boa labor. E que os que mandan se deixen convencer…
Un cordial saúdo,
J.A.

(2ª parte)

P., está ben. E para abondar algo, decir que o substancial da nosa reivindicación vai de dignidade humana, vai de ter o control das nosas vidas e poder realizar aquelo que os dereitos do país recoñecen a toda a cidadanía. E para iso é precisa a acción positiva que motiva a nosa demanda a una administración que négase a asumir a primacía absoluta da Convención de NN.UU. e a interpretación que lle dá o correspondente Comité de NN.UU. sobre un dos seus regulamentos administrativos. Ese é o nudo do problema.

E para rematar con esa situación de estancamento do dereito recoñecido, traemos esta proposta que contribúe á produción dunha norma que sirve para proporcionar unha asistencia persoal adecuada ao estándar de NN.UU e que permite a administración galega axustar a súa normativa ao disposto pola Convención e o observado e recomendado polo Comité. É un novo marco, unha innovación posible en Galicia, algo que polo momento parece interesar pouco ao goberno que non nos recibe e máis aos membros do Parlamento de Galicia.

Apuntarche que é posible que haxa cidadáns con diversidade que se atopen a gusto co que agora teñen, e ata se poderían atopar a gusto mesmo sin esa pouca axuda. Mesmo en tempos de réximes ditatoriais, onde a inxustiza e privación dos dereitos máis elementais era, ou é, expresión de normalidade social, poderanse achar amplos grupos de cidadáns satisfeitos que manifestan conformidade coa súa situación. E así é como o relato da dependencia manifestase opresivo e choca co valor da dignidade.

Tamén é certo que hai administracións e organizacións vicarias entusiastas da dependencia que veñen afirmando a suposta satisfacción, mais é un extremo que xa non procede discutir porque queremos que deixen de moverse manexándonos no campo do asistencialismo vertical para comezar a facer efectivos os dereitos que se nos recoñecen e serven para facer cidadás libres e iguais, para poder vivir nun país onde os dereitos constitucionais dunha persoa discapacitada sexan moito máis que sonos e teña respaldo para tecer as interdependencias desexadas sendo dona de sí mesma, a todos os efectos. E esto é un deber que hai que cumprir, aínda que vaia contra as creencias de quen teña a obriga de facelo cumprir, mande moito ou pouco.

Bueno, creo que xa abondei bastante. Así que, daquelo que ti vexas ben falar algo máis, do que sexa, xa irás decindo…

Moitas gracias,
J.A.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s